Dez especies de formigas (Hymenoptera: Formicidae) novas para Galicia (NO Península Ibérica). Author García, Fede García text Arquivos Entomolóxicos 2018 2018-12-30 19 217 224 journal article 298481 10.5281/zenodo.11659867 f0066a26-f367-4118-ac41-bbf2a4adfb4d 1989-6581 11659867 Stenamma debile (Förster, 1850) Con anterioridade a García et al . (2015) , existía certa confusión no material ibérico respecto esta especie e Stenamma westwoodii Westwood, 1839 (véxase ese mesmo traballo para a historia sinonímica que afecta as ḋas especies). A presente é a primeira mostra galega vista polo autor que pertence a S. debile , sendo todas as outras S. westwoodii . A diferenciación das ḋas especies, segundo Rigato (2011) , é polos apéndices máis curtos, a reticulación no dorso do mesosoma máis lonxitudinal pero sen carena central en S. debile , e a morfoloxía do entrante do clípeo entre os lóbulos frontais ( Fig. 8 ). Material estudado: Rego Seco, A Pastoriza (Lugo). 24-IV-2017 . 540 M. 43º22’45”N 7º20’30”O . Carballeira. Baixo pedra, unha obreira.